O actor Carmelo Gómez, no papel do inspector Leo Caldas, encabeza un elenco no que figuran os galegos Marta Larralde, Celia Freijeiro, Tamar Novas, Pedro Alonso, Luis Zahera, María Vázquez e Carlos Blanco, dando vida ás personaxes da novela de Domingo Villar que leva á gran pantalla Gerardo Herrero.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou en Nigrán nunha xornada da rodaxe do filme ‘A praia dos afogados’, que se está a levar a cabo en distintos concellos pontevedreses baixo a dirección de Gerardo Herrero e a cargo da produtora galega Foresta Films. O proxecto, cofinanciado pola Consellería coa concesión en 2013 de 208.078,64 euros a través das subvencións da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) á produción de longametraxes cinematográficas en lingua galega, leva á gran pantalla a premiada obra do mesmo título do autor vigués de novela negra Domingo Villar.
En representación de Cultura e Educación, o director da Agadic, Jacobo Sutil, compartiu co equipo técnico e artístico uns momentos da filmación levada a cabo nas dependencias da antiga comisaría de Nigrán, onde teñen lugar algunhas das escenas da película. Alí comprobou o momento da produción no que se atopa a fita protagonizada polo actor Carmelo Gómez, quen encarna o personaxe central do inspector Leo Caldas, xunto a un elenco que conta con Antonio Garrido no papel de Estévez e cos galegos Marta Larralde, Celia Freijeiro, Tamar Novas, Pedro Alonso, Luis Zahera, María Vázquez e Carlos Blanco.
‘A praia dos afogados’, que entra estes días na súa quinta e penúltima semana de rodaxe en diferentes localizacións dos municipios de Vigo, Nigrán, A Guarda e O Rosal, é unha coprodución de Foresta Films con Tornasol Films e Milou Films, na que ademais da Xunta de Galicia participan Televisión de Galicia (TVG), Televisión Española (TVE) e o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA).
O guión, escrito polo propio Domingo Villar xunto a Felipe Vega, baséase na novela homónima publicada en 2009 por Editorial Galaxia, considerada como unha das obras máis representativas do xénero negro en Galicia. A trama desenvólvese a través da investigación policial que se xera despois da aparición do cadáver dun mariñeiro nunha praia de Panxón.

0 comentaris:
Publica un comentari a l'entrada