7 de juliol del 2010

Domingo Villar gaña o premio da Asociación Brigada 21 de novela negra

[Xornal de Galicia, 7 de xullo de 2010]

O escritor recibe o galardón pola súa novela A praia dos afogados

A Asociación Brigada 21, creada para a difusión da novela negra e criminal, outorgou o premio á Mellor Novela en Castelán publicada en 2009 á praia dos afogados, de Domingo Villar, obra que tamén obtivo os seguintes galardóns: Premio Losada Diéguez, Libro do Ano pola Federación de Libreiros de Galicia, Finalista do Premio Libro do Ano do Gremio de Libreiros de Madrid, Autor do ano 2009 pola revista Fervenzas literarias e Finalista do premio Novelpol.

Domingo Villar, ademais, participará o próximo 15 de xullo, ás 12.00 h, no curso de verán del Escorial Recordando a Pepe Carvalho: como se crea un personaje en la novela negra, coa conferencia titulada Unha serie con personaxe é un límite á creatividade na trama? O curso desenvolverase entre o 12 e o 16 de xuño.

A praia dos afogados

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a beira. Se non tivese as mans atadas, sería outro dos fillos do mar que atopou a súa tumba entre as augas. Leo Caldas, axudado polo impulsivo Rafael Estévez, mergúllase no ambiente mariñeiro do pobo, tratando de esclarecer o crime entre homes e mulleres que se resisten a desvelar as súas sospeitas.

0 comentaris:

Publica un comentari a l'entrada

 
Google Analytics Alternative