[Faro de Vigo, 27 de abril de 2006]
Joaquim Ventura
Co vento da Ilustración, a novela gótica europea incorporou a figura do Mal como protagonista fronte á bondade humana natural pretendida por Rousseau ou Daniel Defoe. Anunciadora do Romantismo, non seguía a afirmación de Hobbes, "o home é un lobo para o home", senón que facía do Mal unha condición ontolóxica, un ente capaz de dominar as persoas. É o Mal que domina o Melmoth o errabundo, do irlandés Ch. R. Maturin. Cando o Romantismo recupera a condición heroica do protagonista, deixa en herdanza este individualismo para a novela realista.
Daquela, a reflexión moral xa non era a xeneralidade dos ilustrados, senón a do home que aparecera coas cidades burguesas. Un individuo que moitas veces ficaba na marxinalidade ou abertamente á contra da convención establecida. Se, paradoxalmente, o Romantismo nos Estados Unidos permitía que a novela gótica mutase en novela de misterio (Os asasinatos da rúa Morgue, de E. A. Poe), Europa tiña que esperar unhas ducias ata a novela realista. Dostoievski reflexionou verbo da condición maligna individual, da conciencia fronte ao delito, en Crime e castigo. A modernización técnica, cando o positivismo medía e clasificaba todo, non podía ser allea á policía e mais á xustiza. E daquela é cando aparece o heroe individual, solitario, que sabe de todo e que todo o descobre: Sherlock Holmes, o detective de Arthur Conan Doyle.
Cando o século XX colleu velocidade de cruceiro, a actitude perante a violencia determinou o papel dos detectives. Nos EE.UU a seguridade pasaba a ser privada en boa parte e a principal axencia de detectives, a Pinkerton, combatía as loitas sindicais. Cos detectives privados –solitarios e cínicos- como Philip Marlowe ou Sam Spade, Dashiel Hammett e Raymond Chandler, desde posicións de esquerda, deixaron ao descuberto os vicios e mais as contradicións da sociedade capitalista norteamericana en novelas como Colleita vermella (1929) ou O falcón maltés (1930) o primeiro, e O soño eterno (1939) ou Adeus, boneca (1940) o segundo.
Pola contra, na Europa de despois da guerra mundial a democracia recuperaba a dominio da seguridade pública. O investigador e loitador contra o crime será, xa que logo, un policía. O modelo témolo no inspector Maigret, do belga Georges Simenon. Maigret non é un duro nin un cínico, senón un rutinario sentimental que xanta coa súa muller, capaz de levar una baguette cando remata un servizo e que bebe un viño en calquera taberna, cuns mariñeiros, de camiño á casa. Se dalgún xeito, Spade e Marlowe teñen que restituír a xustiza, Maigret é a xustiza.
Este xénero literario, tan vinculado ao cine clásico, da man de Howard Hawks, Raoul Walsh ou Stanley Kubrick, é coñecido con diversas denominacións como "novela negra" (entre nós), polar (Francia) ou giallo (Italia). Ata moi recentemente situábase na narración daqueles que estaban á marxe o nas marxes da lei e que facían do delito un modus vivendi. Era o espello dunhas sociedades con valores de seu, inclusive para eses sectores que vulneraban a lei. Daquela, os atracadores eran atracadores e os falsificadores eran artistas.
Hoxe, cosas novas tecnoloxías e a desestructuración social, o narcotráfico e as migracións, os crimes e os criminais son outros. En consecuencia, os policías e detectives precisan tamén ser doutro xeito. Entre nós, os novos detectives como Pepe Carvalho, Méndez, Bevilacqua ou Petra Delicado ou autores como Vázquez Montalbán, Fernández Ledesma, Silva, Giménez Bartlett, Andreu Martín, Juan Madrid ou Carlos Reigosa, por citar apenas algúns, tamén fixeron das súas novelas o espello dunha sociedade cambiante. Ou, como en sociedades como a italiana ou a cubana, os gobernantes das cales negan a realidade, son eses heroes, da man dos escritores, quen a restitúen. E a estes fenómenos algúns prestan (prestamos) atención con proxectos como as dúas edicións de BCNegra, a xa clásica Semana Negra de Xixón, a librería barcelonesa "Negra y Criminal", a Biblioteca la Bòbila (l’Hospitalet de Llobregat) ou o clube Brigada 21. Porque se coñecemos as nosas miserias quizais poidamos evitar caer nelas. Ou non
Petit bilan 2024
-
Passant outre une immense flemme, je vous propose un petit bilan de cette
année 2024 qui pourrait éventuellement vous aider pour faire des cadeaux
pas trop...
Fa 1 dia
0 comentaris:
Publica un comentari a l'entrada