Carlos G. Reigosa. O misterio do barco perdido. Vigo: Xerais, 2004. ISBN: 84-9782-238-2
Un barco galego desaparece nas aguas do banco de pesca do sahara. A explotación da zona por buques da Mariña e helicópteros do Servicio Aéreo de Escate non descubre rastro del nin da tripulación. O dono do pesqueiro, un armador coruñés, ten unha razón moi especial para facer que se investigue a fondo o seu destino: un dos homes que ía a bordo era un fillo seu, que se enrolara como segundo patrón. Isto lévao a poñerse en contacto co detective Nivardo Castro e co xornalista Carlos Conde. A eles lles corresponderá desenredar a enguedellada madeixa en que se converte a desaparición do barco.
Neste proceso ábrese un horizonte inesperado de aventuras, que inclúen o secuestro, o tráfico de armas, o transporte de mercenarios, o narcotráfico ou o simple roubo. Unha fascinante odisea internacional de acción trepidante, que remata co esclarecemento do intricado caso.
Carlos G. Reigosa logra a tensión e o dinamismo da mellor novela de intriga, nun ambiente oriental, inesperado, sórdido e violento.
0 comentaris:
Publica un comentari a l'entrada