Domingo Villar. Ollos de auga. 5a ed. Vigo: Galaxia, 2008. ISBN: 978-84-8288-927-6
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaria cun consultorio radiofónico. O caso desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada dos círculos da alta burguesía viguesa. Domingo Villar (Vigo, 1971), escritor que procede da televisión e do cinema, artella unha novela policial na que suspense, personaxes e mundo urbano están salferidos cun humor agudo e intelixente.
0 comentaris:
Publica un comentari a l'entrada