18 d’octubre del 2006

Clubs de leitura

[Gardalivros, 18 octubre de 2006]

Os clubs de leitura teñen como principal obxectivo fomentar a leitura en diferentes sectores da comunidade, polo xeral persoas non immunes á leitura ou altamente sensibilizadas que compre fidelizar.

Os Clubs de leitura reunen un grupo de leitores para comentar un livro seleccionado previamente. O condutor de cada Club proporciona aos participantes o livro, unha ficha orientativa e unha guía de leitura. Aos clubs xerais se suman os especializados, os de idiomas, os de doada leitura (adaptación escolar, inmigrantes,...) e agora tamén o virtual.

Ademais, desde as bibliotecas pódense estimular os grupos de acción literaria, clubs que funcionan autònomamente a raíz de grupos de amigos ou leitores coñecidos noutros clubs.

Entre as nosas bibliotecas e os seus profesionais, mesmo nas que teñen caracter nodal, téndese con facilidade ao ponting corporativo(o ANABAD é o máis serodio) xa que se activan o que a priori poden ser positivas coordinacións confederalizadas neste caso através do proxecto www.clubesdelectura.com do Ministerio (en que ficou este proxecto?) sen reparar que tamén convén canalizar esforzos na nosa contorna (acho que é máis urxente)favorecendo a criazón de recursos de noso(fardelos de livros para esta fin que permitan non acudir a recursos alleos)que axuden no liderado e na criázón de sinerxias entre as bibliotecas da rede de xeito que se poñan ao alcance de bibliotecas locais máis pequenas e os seus usuarios tanto as ideas como os recursos.Estaría ben que o portal do Meiga servise de repositorio ou axenda común que informase destas ou doutras actividades a realizar nas bibliotecas da rede. Mesmo a criazón dun portal ad hoc para estas e outras actividades.

Alguns vincallos de interese:

Clubs de leitura da rede de bibliotecas da Coruña
Cultura galega.org
Clubesdelectura.com
Clubes de lectura
Club de lectura de Libroadictos.com
Club de lectura de El Quijote por Internet
Club de lectura de novela negra de la Biblioteca La Bóbila L’Hospitalet
Clubs de lectura. Biblioteca Jaume Fuster. Barcelona

0 comentaris:

Publica un comentari a l'entrada

 
Google Analytics Alternative