20 de març del 2013

Blues para un asasino, de Joaquim Fariña


Joaquim Fariña. Blues para un asasino: First we take Manhattan. Vigo: Xerais, 1994. ISBN: 84-7507-822-2

Xacía sobre o leito cara abaixo, cousa que agradeceu. Custáballe manterse impasible á vista dun vello ou un neno mortos. Non había sinal ningún de loita. A habitación, pequena, estaba limpa. Aínda sen o cadáver, aquilo era deprimente. As paredes de cor pexego vello, sen pintar en moito tempo, e a pouca luz da única fiestra dábanlle ó ambiente unha tristura de señardade infinda. Sobre o testeiro, unha lámina dunha santa era a única nota de cor, mesmo coma se un hipotético pintor tentase atear aquela natureza morta cunha pincelada atrevida.

0 comentaris:

Publica un comentari a l'entrada

 
Google Analytics Alternative