25 de juliol del 2016

Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras


Diego Ameixeiras. Asasinato no Consello Nacional. Vigo: Xerais, 2011. ISBN: 978-84-9914-171-8

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. 

Fernando Xelmírez, secretario xeral da UPG, partido integrado no BNG e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de "camarada insubstituíble e extraordinario patriota galego". Horas antes do crime, Óscar Quiroga anunciara a súa dimisión no Consello Nacional cónclave no que tamén presentou a renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular en detrimento do goberno bipartito formado por PSdeG-Psoe e BNG.

Alberte Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.




0 comentaris:

Publica un comentari a l'entrada

 
Google Analytics Alternative